marabuto

marabuto

fr marabout ár murabi ṭ

Plural: marabutos
  1. s m [RELIX ]

    Membro, no Magreb, dunha comunidade relixioso-militar que vivía nun mosteiro-fortaleza (ribat).

  2. s m p ext [RELIX ]

    Predicador musulmán que conseguía reunir un grupo de discípulos ou fundar unha confraría mística.

  3. s m p ext [RELIX ]

    Tumba dun santo musulmán que, polas bendicións que se lle atribúen, é obxecto dunha veneración popular.