maquis

maquis

fr maquis ital macchia ‘campo cuberto de maleza’

Plural: maquises
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao maquis.

    2. s

      Partidario do maquis.

    3. s

      Organización de resistencia armada francesa contra a ocupación alemá na Segunda Guerra Mundial (1939-1945).

    4. s

      Movemento armado de resistencia antifranquista que se desenvolveu en diversos puntos da xeografía española tras a Guerra Civil (1936-1939).

  1. s m [HIST ]

    Lugar pouco accesible que serviu de refuxio aos membros da resistencia francesa durante a ocupación nazi de Francia.

  2. s m [BOT ]

    Formación vexetal formada por arbustos e matas aromáticas, propia de solos silíceos e calizos do clima mediterráneo.