anemia

anemia

gr ἀ ναιμία ‘carencia de sangue’

Plural: anemias
  1. s f [PAT ]

    Situación patolóxica común a moitas enfermidades en que normalmente se constata unha diminución do número de eritrocitos, da cantidade da hemoglobina ou do valor do hematocrito.

    1. anemia dos cans

      Tipo de anquilostomiase que afecta os cans.

    2. anemia dos leitóns

      Diminución da hemoglobina dos leitóns causada pola falta de ferro e sales cúpricos no leite que maman.