manobra

manobra

man + obra

Plural: manobras
  1. s f

    Conxunto de operacións que se destinan a cambiar o movemento dunha máquina ou dun medio de locomoción.

  2. s f

    Conxunto de accións que se fan para acadar un fin.

  3. s f

    Conxunto de movementos que se fan coa man para facer funcionar un instrumento ou un mecanismo.

  4. s f [BÉL ]

    Movemento ou serie ordenada de movementos dun corpo de tropa ou dunha escuadra.

Confrontaciones

intriga, maquinación

Citas

  • Isto foi unha manobra para expulsar o presidente

Formas incorrectas

maniobra