manípulo

manípulo

manipŭlu ‘unidade militar’

Plural: manípulos
  1. s m
    1. [HIST ]

      Subdivisión da lexión romana que a constituían dúas das sesenta centurias que compoñían a lexión.

    2. Correa para suxeitar un escudo.

  2. s m [RELIX ]

    Insignia ou ornamento litúrxico que portaban o subdiácono, o diácono e o celebrante no antebrazo esquerdo, durante a celebración da misa.