manifesto

manifesto
Plural: manifestos
  1. adx

    Que se ve ou se aprecia con claridade, sen que haxa lugar a dúbida.

  2. adx [RELIX ]

    Aplícase ao Santísimo Sacramento cando se expón para a adoración dos fieis.

  3. s m
    1. Escrito en que se manifesta algo.

    2. [SOCIOL ]

      Documento en que un goberno, partido ou grupo dá a coñecer unha ideoloxía, idea, pensamento ou propósito.

    3. [DER ]

      Documento que debe presentar na aduana o capitán dun barco en que consta a relación da carga polo miúdo.