manierismo

manierismo

ital manierismo

Plural: manierismos
  1. s m [ARTE ]

    Estilo artístico europeo que se situou nun momento de loita entre o anticlasicismo e o clasicismo, e que se caracterizou por un ton fantástico e insólito, unha gran predisposición á excentricidade e ao desbaratamento, a ruptura dos eixes convencionais compositivos e por un divorcio entre a función e a forma.

  2. s m p ext

    Fenómeno que, en calquera estilo, se produce cando hai un predominio da ostentación da habilidade formal sobre o contido.