mancha

mancha

lat macŭla

Plural: manchas
  1. s f

    Sinal de sucidade que aparece sobre unha cousa debido á presenza doutra substancia diferente.

  2. s f

    Pequena parte nunha superficie de diferente cor que a dominante.

  3. s f

    Enfermidade da pataca que se caracteriza pola presenza de partes de diferente cor na súa carne.

  4. s f

    Deshonra ou motivo de vergoña para unha persoa.

  5. mancha branca [ANAT ]

    Protuberancia branca que se atopa na superficie ventricular anterior á válvula mitral.

  6. mancha catódica [FÍS ]

    Parte luminosa da superficie do cátodo nunha válvula de arco, onde se concentra a emisión electrónica.

  7. mancha cribosa [ANAT ]

    Área da parede do vestíbulo perforada para o paso de filamentos do nervio auditivo.

  8. mancha iónica [FÍS ]

    Mancha negra que aparece na pantalla dos tubos catódicos de desviación magnética que se produce a consecuencia do bombardeo iónico.

  9. mancha ocular [ANAT ]

    Asociación de células fotosensibles e pigmentadas que forman grupos diferenciados.

  10. mancha solar [ASTRON ]

    Manifestación da actividade solar que se presenta en forma dunha mancha escura, de contornos irregulares, que ocupa unha pequena rexión da fotoesfera solar.

Sinónimos

Refranes

  • A mancha grande non hai xabrón que a lave.
  • Non che importe a mancha que sae con auga.
  • O golpe da tixola lixa, anque non doia.
  • O que unha mora tinxe, outra destinxe.
  • Quen con fariña anda, branco se pon.