malvasía
malvasía
Plural:
malvasías
-
s
f
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave acuática, da familia dos anátidos, que presenta un corpo repoludo, a cabeza de gran tamaño e a cola tesa que adoitan manter vertical.
-
malvasía caribranca
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave de cabeza grande branca cunha liña negra, corpo pardo e cola erguida. O peteiro é azul na época nupcial.
-
malvasía carinegra
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave de corpo robusto acastañado, cabeza e pescozo negros, peteiro azul e groso e cola coas plumas duras e apuntadas.
-
malvasía papuda
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave acuática de plumaxe parda, ás brancas e peteiro escuro.