madurez

madurez

maduro

Plural: madureces
  1. s f

    Calidade de maduro.

  2. s f

    Etapa na vida dunha persoa na que, sen chegar a ser vello, acadou un estado de equilibrio na súa personalidade.

  3. s f

    Estado de prudencia propio dunha persoa madura.

  4. madurez sexual [BIOL/FISIOL ]

    Etapa no desenvolvemento dos seres vivos na que o individuo se converte en apto para a reprodución.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Á froita aínda lle falta algo máis de madurez
  • Escribiu os seus mellores libros durante a madurez
  • Non actuaches coa suficiente madurez