macela

macela

mazá

Plural: macelas
  1. s f [PLANTA ]

    Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, de follas alternas con segmentos rematados en mucrón, capítulos con lígulas brancas e o froito en aquenio.

  2. s f

    Infusión medicinal que se fai coas flores da macela, e que se toma como tónico estomacal.

  3. macela brava [PLANTA ]

    Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, de follas bipinnadas e pubescentes, capítulos solitarios e froito en aquenio.

  4. macela mariña [PLANTA ]

    Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, de follas alternas, pinnatisectas, con segmentos carnosos e capítulos con lígulas brancas e o flósculo amarelo-verdoso.