luz
lat luce
-
-
s
[FÍS ]
Forma de enerxía, que é capaz de impresionar os órganos da vista e permitir ver os corpos que a emiten, constituída por radiacións electromagnéticas e ocupa un intervalo moi pequeno no espectro electomagnético coñecido. É unha forma de enerxía radiante que se presenta simultaneamente en forma de partículas (fotóns), e en forma de ondas.
-
s
[TECNOL/FÍS ]
Cantidade de electricidade que atravesa a sección dun condutor na unidade de tempo.
-
luz artificial
[IND ]
Luz producida por un aparato de iluminación. Segundo a enerxía empregada para producila fálase de luz eléctrica ou de gas.
-
luz branca/acromática /
[FÍS/IND ]
Luz que non produce ningunha sensación de cor definida. Trátase dunha luz policromática máis ou menos semellante á luz solar.
-
luz directa
[IND ]
Luz que procede do foco luminoso sen reflexións nin difusións intermedias.
-
luz fría /
[FÍS/IND ]
Luz que se produce por luminiscencia.
-
luz indirecta
[IND ]
Luz que chega ao obxecto iluminado despois de ser difundida ou reflectida.
-
luz monocromática
[FÍS ]
Luz constituída por ondas electromagnéticas da mesma frecuencia.
-
luz natural
[IND ]
Luz emitida por unha fonte luminosa natural. A máis corrente e útil é a que provén do Sol, que se denomina tamén luz solar ou de día.
-
luz natural/ordinaria
[FÍS ]
Luz constituída por ondas electromagnéticas de amplitude e fases calquera e cos correspodentes vectores eléctricos orientados en direccións que varían ao azar no transcurso do tempo.
-
luz negra/de Wood
[FÍS ]
Ondas electromagnéticas do espectro ultravioleta.
-
luz polarizada
[FÍS ]
Luz constituída por unha onda electromagnética polarizada.
-
luz policromática
[FÍS ]
Luz constituída por ondas electromagnéticas de distintas frecuencias.
-
luz zodiacal /
[METEOR/ASTRON ]
Luminosidade feble e difusa que se observa na parte de poñente do ceo despois do crepúsculo vespertino e na parte de levante pouco antes da alba.
-
s
[FÍS ]
-
-
s
[IND ]
Aparato de iluminación destinado a repartir, filtrar ou transformar a luz das lámpadas, e que comprende, ademais, todos os elementos necesarios para fixar e protexer ditas lámpadas, ademais dos dispositivos de conexión ao circuíto de alimentación.
-
s
[TRANSP ]
Dispositivo luminoso situado nun lugar visible do exterior dun vehículo ou dun aparato que se emprega para indicar o seu funcionamento, posición ou situación.
-
luz de cruzamento/curta
[TRANSP ]
Luz cun alcance de ata 40 m que empregan os automóbiles ou motocicletas.
-
luz de estrada/longa
[TRANSP ]
Luz cun alcance mínimo de 100 m, que empregan os automóbiles e motocicletas.
-
luz de freo
[TRANSP ]
Luz da parte posterior dos automóbiles ou motocicletas que se acenden automaticamente ao pisar o pedal do freo.
-
luz de gálibo
[TRANSP ]
Luz situada nos ángulos superiores dos camións e autocares de máis de 2 m de anchura e 6 m de longo.
-
luz de marcha atrás
[TRANSP ]
Luz da parte posterior dos automóbiles que se acende cando se efectúan manobras de marcha atrás.
-
luz de néboa
[TRANSP ]
Luz situada na parte dianteira e traseira do vehículo que reforza a capacidade de iluminación das luces de estrada en circunstancias de escasa visibilidade.
-
luz de poboación/de cidade
[TRANSP ]
Cada unha das luces cun alcance menor de 100 m, que empregan os automóbiles e motocicletas, cando circulan por unha poboación ou por unha estrada cando circula un vehículo diante.
-
luz de posición
[TRANSP ]
Luz que, situada preto das partes máis saíntes do vehículo, serve para indicar a súa posición.
-
luz intermitente
[TRANSP ]
Luz de funcionamento intermitente que serve para indicar as manobras laterais dun vehículo.
-
luz de pista
[AERON ]
Dispositivo luminoso que definen de forma clara as pistas dun aeroporto para poder realizar con seguridade as manobras de aterraxe e voo das aeronaves.
-
s
[IND ]
-
s
f
-
Diámetro interior dun tubo ou canalización.
-
[BIOL ]
Espazo do interior dun intestino, dunha arteria, vea ou capilar, ou da cavidade dun órgano baleiro.
-
-
s
f
-
[ARQUIT ]
Cada un dos vans que proporcionan a iluminación do interior dun edificio.
-
[ARQUIT/ARTE ]
Distancia horizontal entre os apoios dun arco.
-
[ARQUIT ]
-
s
f fig
Persoa, cousa ou coñecemento que ilumina a mente ou o corazón ou que serven de guía.
-
s
f fig
Capacidade intelectual dunha persoa.
-
luz de situación
[MAR/AERON ]
Luz que se emprega, de acordo co Regulamento Internacional, para prever os accidentes. Deben levala obrigatoriamente as embarcacións para sinalar a súa presenza durante a noite. O seu número, cor e disposición varía segundo as circunstancias.
Confrontaciones
intelixenciaCitas
- A súa filosofía foi a luz de toda unha xeración
- Non o entende porque non ten moitas luces
- O tubo está tan oxidado que xa non ten luz para que pase a auga
- O uso das luces na obra deste pintor é o seu trazo máis característico
Frases hechas
-
Ver a luz 1 Ser publicado ou co
-
2 Nacer.
-
2 Xulgado pola informaci
-
A todas luces. Evidentemente.
-
Botar luz sobre un asunto. Aclarar un asunto.
-
Dar a luz. Parir.
Refranes
- A muller e a tea quéroa á luz da candea.
- Candil con moco alumea pouco.
- Na casa do cereiro ninguén se deita ás escuras.
- Non hai mellor luz cá da mañá.