áncora

áncora

lat ancŏra gr ἅ γκορα

Plural: áncoras
  1. s f [MAR ]

    Aparello de ferro ou de aceiro que se crava no fondo do mar para asegurar unha embarcación.

  2. s f [AERON ]

    Aparato de ferro que se aferra a algún accidente do terreo e retén o aeróstato.

  3. s f [ARQUIT ]

    Peza de ferro que ata un tirante ou trabe co muro.

  4. s f [ARTE ]

    Símbolo da esperanza, na iconografía paleocristiá.

  5. s f [METROL ]

    Peza en forma de áncora de barco que forma parte do mecanismo de escape dos reloxos.

  6. abater a áncora

    Colocar a áncora máis lonxe do que estaba con relación ao vento, corrente ou marea.

  7. botar áncoras

    Embarrar a embarcación.

  8. deitar a áncora

    Lanzar a áncora ao mar.

  9. estar á áncora.

    Estar fondeada unha embarcación.

  10. levar/levantar/subir áncoras

    Recoller as áncoras para facerse ao mar.