ludión
ludión
Plural:
ludións
s
m
[FÍS ]
Aparato destinado a estudar o equilibrio dos corpos somerxidos nos líquidos. Consta dun recipiente de vidro, cheo de auga e pechado por unha membrana elástica. No interior hai unha pequena bóla baleira e furada, da que colga unha figuriña, denominada diaño de Descartes. Facendo presión sobre a membrana, faise baixar a figuriña e, ao suprimir a presión, esta volve subir.