lúa
lat luna
-
s
f
[ASTRON ]
Satélite natural da terra, de forma sensiblemente esférica, un diámetro de 3.473 km, unha masa igual a 1/81 da masa da Terra, e unha atmosfera de densidade moi baixa, que se atopa a unha distancia media da Terra de 384.000 km e a aceleración da gravidade na súa superficie representa o 16% da que se experimenta na superficie da Terra. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.
-
-
s
Cada unha das fases do satélite da terra.
-
lúa chea
A Lúa na fase chea. OBS: Tamén se denomina plenilunio.
-
lúa crecente
A Lúa na fase crecente. No momento desta fase, dise que a Lúa está en cuarto crecente.
-
lúa minguante
A Lúa na fase minguante. No momento desta fase dise que a Lúa está en cuarto minguante. OBS: Tamén se denomina devalo.
-
lúa nova
A Lúa na fase nova. OBS: Tamén se denomina novilunio.
-
lúa vella
Inicio do cuarto minguante.
-
s
-
s
f
-
[CRON ]
Mes lunar.
-
Período de tempo que a Lúa tarda en completar unha rotación arredor da Terra.
-
[CRON ]
-
s
-
Satélite natural dun planeta.
-
Disco dun astro.
-
-
lúa de mel
Período de tempo que segue ao casamento, especialmente a viaxe de noivos que se fai despois de casar.
-
media lúa
Representación gráfica da Lúa en cuarto minguante. É o símbolo do mundo islámico.
Sinónimos
Refranes
- a cerco na lúa, a lagoa enxuga.
- a circo da lúa a lame ira enxuga.
- a circo da lúa nunca trae moita chuvia.
- A lúa como quinta, así pinta.
- A lúa como quinta, trinta.
- Auga á entrada da lúa, ou moita ou ningunha.
- Circo na lúa, lagoa dura; circo no sol, lagoa mol.
- Lúa a pe, mariñeiro deitado.
- Lúa cascabeleira vaise á carreira.
- Lúa con cerco, o baixo cheo; estrela no medio, o baixo seco.
- Lúa de minguante, cornos para diante.
- Lúa de xaneiro non ten aparceiro.
- Lúa de xaneiro non ten compañeiro senón a de agosto, que lle dá no rostro.
- Lúa deitada, mariñeiro a pe.
- Lúa no crecente, cornos polo oriente.
- Lúa nova con treboada, trinta días mollada.
- Lúa posta, baixa o mar en toda a costa.
- Lúa, de xaneiro; e cariño, o primeiro.