loto
loto
lat lotu gr λωτός
-
s
m
[PLANTA ]
Planta herbácea acuática, da familia das ninfeáceas, perenne, rizomatosa, de follas peltadas e orbiculares de flores brancas.
-
loto corniculado
[PLANTA ]
Planta glabra, da familia das fabáceas, con follas imparipinnadas lanceoladas, inflorescencias sobre pedúnculos axilares e froito en legume.
-
loto de India
[PLANTA ]
Planta herbácea acuática, da familia das nelumbonáceas, perenne, rizomatosa, de grosas follas peltadas e circulares e de flores rosadas e olorosas.
-
loto das charcas
[PLANTA ]
Planta anual, da familia das fabáceas, con follas entre lineais e ovadas, flores pedunculadas dispostas en acios e froito de tipo legume.