anca
anca
ital ou occit do fránquico *hanka ‘cadeira’
s
f
[ZOOL ]
Rexión anatómica dalgúns animais que comprende a parte lateral e posterolateral da zona próxima á extremidade inferior. A anca está constituída por unha estrutura esquelética, unha masa muscular que cobre e move a articulación, xunto co abundante tecido adiposo e subcutáneo, ademais da pel que a cobre.