loita

loita

lat lucta

Plural: loitas
    1. s

      Enfrontamento violento entre dous ou máis individuos para impor cada un a súa forza física sobre os demais.

    2. loita biolóxica [ECOL ]

      Control de poboacións de organismos prexudiciais que se basea na potenciación dos inimigos naturais da especie ou na interferencia do seu ciclo biolóxico.

    3. loita integrada [ECOL ]

      Control de pragas e enfermidades mediante a combinación da loita biolóxica e da loita química.

    4. loita libre [DEP ]

      Lide en que, utilizando diferentes tipos de golpes e chaves e respectando unhas regras fixadas, vence quen obriga ao adversario a renderse.

    5. loita pola existencia [BIOL ]

      Proceso de selección natural que comporta unha contenda entre os individuos dunha especie co fin de conseguir alimento, parella ou vivenda, de maneira que conduce á supervivencia dos máis aptos.

    6. loita preventiva [BIOL ]

      Sistema de combate contra pragas e enfermidades das plantas. Fai uso das medidas de control antes da aparición dos parasitos ou de que estes acaden proporcións difíciles de combinar.

    7. loita química [QUÍM ]

      Sistema de control das pragas e enfermidades contaxiosas das plantas coa concorrencia exclusiva de praguicidas químicos.

    1. s

      Enfrontamento entre forzas ou tendencias contrarias por conseguir algo.

    2. loita de clases [SOCIOL ]

      Enfrontamento entre as diferentes clases sociais por acadar o poder político e a supremacía económica, segundo o materialismo histórico de K. Marx.

  1. s f fig

    Esforzo grande e extremo por obter algunha cousa.

Sinónimos

Palabras vecinas

loia loiada loiar loita loitador -ra loitar loito