abacelar

abacelar

bacelo

  1. v t

    Plantar un terreo con bacelos ou cepas novas.

  2. v t

    Dobrar e enterrar unha póla o tempo suficiente ata que arraigue para logo cortala e formar unha planta nova e independente.

  3. v t

    Arrimar terra ao redor do pé dunha árbore ou planta de xeito que o cubra.

Sinónimos

Citas

  • Abacelei a leira que herdei de meu pai
  • Non esquezas o sacho, senón non vas poder abacelar o millo
  • Tentei abacelar esta cepa, pero partiu antes de enterrala