litoral
litoral
lat litorāle
-
adx
Relativo ou pertencente á beira do mar.
-
s
m
[XEOG ]
Franxa de terreo entre a terra e o mar. É unha superficie complexa que comprende o espazo entre o nivel da marea alta e o da baixa.
-
fauna litoral
[ECOL ]
Conxunto da fauna mariña que habita nas augas costeiras, na zona supralitoral, na mediolitoral, na infralitoral, e na circalitoral.