liño
liño
Plural:
liños
-
-
s
Planta herbácea anual, da familia das lináceas, que ten follas lanceoladas, flores azuis e froito capsular, a partir do que se obtén a fibra téxtil que recibe o mesmo nome. OBS: Tamén se denomina liño manso.
-
liño bravo/mourisco [Linum bienne]
Planta bianual ou perenne, da familia das lináceas, con follas lanceoladas, flores azuis e froito capsular.
-
liño purgante [Linum catharticum]
Planta herbácea anual, da familia das lináceas, follas lanceoladas, flores blancas alaranxadas e froito capsular globoso.
-
s
-
s
m
-
Fibra téxtil que se obtén desa planta.
-
Tecido de liño.
-
-
liño de lebre
[PLANTA ]
gorga.
Refranes
- A liñaza por san Marcos, nin nada no saco.
- A que o liño aliña, esa o fía.
- Inda ten que nacer o liño estranxeiro para ser como é o galego.
- Liño bo, liño malo, todo florece en maio.
- Liño de Holanda pesa e non anda.
- O liño apurado dá lenzo ben sobrado.
- O liño e a estopa, á sombra.
- Xa vén o tempo do liño mazar; xa vén o tempo de estroupelear, porque este mundo aquí ha quedar.