lingüeta
lingüeta
lingua
-
s
f
Tira de diversos materiais que cobre a apertura anterior e superior dun zapato.
-
s
f
[MÚS ]
Peza de diversos materiais que produce, coas súas vibracións, a sonoridade de diversos instrumentos aerófonos.
-
s
f
Fiel dunha balanza, especialmente o da romana.
-
s
f
Obxectos e apéndices que lembran a forma da lingua.
-
s
f
[BÉL ]
Parte da punta dunha lanza ou dunha frecha, que forma un ángulo agudo co seu corpo e fai que o instrumento, unha vez cravado, non poida arrincarse facilmente.
-
s
f
[TÉXT ]
Peza móbil que forma a parede posterior do caixón da lanzadeira no tear mecánico e que ten como función freala e levantar as pas para evitar que estas deteñan o funcionamento do tear.