lingua
lat lingŭa
-
s
f
[ANAT ]
Órgano musculoso dos vertebrados, revestido dun epitelio sensorial e situado na cavidade bucal, entre os arcos dentarios. Ten as estruturas do gusto e realiza funcións importantes na deglución, na succión e na mastigación de alimentos e na articulación dos sons.
-
-
s
Cousa ou ser vivo que ten forma de lingua.
-
lingua de boi [Fistulina hepatica]
[FUNGO ]
Fungo, da orde das fistulinais, de grandes sombreiros vermellos e a cutícula lisa e viscosa.
-
lingua de can [Cynoglossum creticum]
[PLANTA ]
Planta herbácea bienal, da familia das boraxináceas, de follas lanceoladas, densamente pelosa, e de flores de cor azul escura reticuladas de violeta. Medra en terreos secos.
-
lingua de ovella [Hydnum repandum]
[FUNGO ]
Fungo, da orde das cantarelais, de sombreiro convexo, cor branca e con aguillóns longos.
-
lingua de ovella moura [Sarcodon imbricatum]
[FUNGO ]
Fungo, da familia das teleforáceas, de cor parda escura, sombreiro grande, aguillóns longos e o pé carnoso.
-
lingua de ovella visguenta [Pseudohydnum gelatinosum]
[FUNGO ]
Fungo, da familia das exidiáceas, en forma de masa viscosa de cor branquecina e aguillóns curtos. Pódese comer cru.
-
s
-
-
s
Sistema de signos orais, reflectido a miúdo nun código escrito que serve para a comunicación. Desde un punto de vista xenético ou histórico, pódense clasificar as linguas tendo en conta o seu parentesco, e desde un punto de vista tipolóxico, segundo a porcentaxe de trazos afíns.
-
lingua aglutinante
Tipo de linguas que adoitaban caracterizarse por oposición ás linguas monosilábicas e ás linguas flexivas, e que xurdiu na lingüística do s XIX.
-
lingua artificial
Todo sistema de signos de comunicación elaborado por convención tal como certos códigos secretos, as notacións científicas ou o esperanto.
-
lingua común
Lingua coñecida ou suposta que deu orixe a unha familia linguística. Denomínase tamén así a lingua de carácter máis ou menos uniforme, oposta aos dialectos, que procede dunha redución á unidade e que se utiliza en todo un dominio lingüístico.
-
lingua de cultura/de civilización
Lingua que serve de soporte a unha literatura escrita e é instrumento dunha cultura.
-
lingua de oc
occitano.
-
lingua de oíl
Grupo de variedades lingüísticas que se orixinaron no N da Galia a partir do galorromance. As súas variedades son o normando, picardo, valón, lorenés, borgoñón, champañés, anxevino, pictavino, santonxés, franciano e o antigo anglonormando.
-
lingua flexional/amalgamada/formante/sintética
Lingua que se caracteriza pola flexión.
-
lingua franca
Lingua que se emprega na comunicación de persoas que non falan unha lingua común.
-
lingua illante
Lingua en que as súas palabras non poden ser analizadas morfoloxicamente en elementos diversos destinados a expresar as relacións gramaticais, de tal maneira que estas deben ser confiadas á orde das palabras ou ao uso de palabras independentes.
-
lingua materna
Lingua que foi aprendida desde a infancia.
-
lingua morta
Lingua que xa non ten falantes.
-
lingua oficial
Lingua esixida por un estado en órganos da administración, a escola e outros niveis oficiais deste estado.
-
lingua polisintética/incorporante/holofrástica
Lingua que funde nunha palabra diversos elementos semánticos e de relación gramatical. Unha lingua polisintética é o esquimó.
-
lingua vernácula
Lingua propia dunha comarca ou rexión determinada.
-
lingua viva
Lingua que está en uso.
-
s
-
s
f
Xeito propio de falar ou de utilizar a linguaxe que ten unha persoa.
-
s
f p ext
Sistema de comunicación utilizado polos animais.
-
s
f p ext
Calquera sistema de comunicación, natural ou artificial.
-
s
f
[HIST ]
Cada unha das circunscricións territoriais nas que se dividía a xurisdición da orde do Hospital de San Xoán de Xerusalén.
-
lingua de terra
[XEOG ]
Anaco de terra estreito e longo que avanza sobre un mar, un lago ou outra superficie.
-
lingua glaciaria
[XEOL ]
Parte dun glaciar que se inicia no circo glaciario e remata en zonas máis ou menos arredadas do circo, formando, no seu proceso erosivo, un val glaciario.
Citas
- Hai que ter coidado con ela, que ten moita lingua, Cala un pouco e non teñas tanta lingua
Frases hechas
-
2 Maneira de falar desa persoa.
-
2 Maneira de falar desa persoa.
-
Andar en linguas. Ser obxecto de comentarios ou cr
-
Andar en linguas. Ser obxecto de comentarios ou cr
-
2 Dicir algu
-
2 Dicir algu
-
Botar a lingua. Ensinar a lingua como sinal de desprezo ou burla.
-
Botar a lingua. Ensinar a lingua como sinal de desprezo ou burla.
-
Irse da lingua. Non gardar un segredo.
-
Irse da lingua. Non gardar un segredo.
-
Lingua viperina 1 Persoa que fala mal dos demais ou que ofende co que di.
-
Lingua viperina 1 Persoa que fala mal dos demais ou que ofende co que di.
-
Ser un/unha mala lingua. Persoa que murmura e fala mal de algu
-
Ser un/unha mala lingua. Persoa que murmura e fala mal de algu
-
Ter algo na punta da lingua. Estar a piques de lembrar algo.
-
Ter algo na punta da lingua. Estar a piques de lembrar algo.
-
Ter moita lingua. Falar demasiado e sen respecto.
-
Ter moita lingua. Falar demasiado e sen respecto.
-
Tirar da lingua. Incitar a algu
-
Tirar da lingua. Incitar a algu