linfoide

linfoide

linf- + -oide

Plural: linfoides
  1. adx [FISIOL ]

    Que se asemella á linfa ou ao tecido linfático.

  2. órgano linfoide [ANAT ]

    Órgano que forma parte do sistema inmunolóxico. Teñen un importante papel na produción e activación de linfocitos, e clasifícanse en primarios e secundarios.

  3. tecido linfoide [ANAT ]

    Tecido onde se producen os linfocitos, que se atopa en diversos lugares do corpo como os ganglios linfáticos, o timo, o bazo, as amígdalas, a medula ósea ou tamén disperso no sistema dixestivo ou no respiratorio.