lineal
lineal
lat lineāle
-
adx
Relativo ou pertencente á liña.
-
adx
Que está formado por liñas.
-
adx
Que ten forma ou segue un desenvolvemento semellante á liña recta.
-
adx
[MAT ]
Aplícase á ecuación diferencial que é lineal respecto á función incógnita e ás súas derivadas.
-
adx
[MAT ]
Aplícase á función, á ecuación ou ao sistema de ecuacións, nos que interveñen só polinomios de primeiro grao, denominados lineais.
-
escritura lineal
[LING ]
Sistema gráfico que se empregaba en Creta no segundo milenio a C, testemuñado en diversas inscricións, que contaba con dous tipos diferentes, a escritura lineal A e a escritura lineal B.
Sinónimos
Citas
- É un experto en debuxo lineal
- Seguiu un traxecto lineal a través do bosque, O barrio ten unha estructura lineal