lexítima

lexítima

lexítimo

Plural: lexítimas
  1. s f [DER ]

    Limitación á liberdade de testar que a lei impón no testador, que consiste no deber de atribuír aos seus parentes da liña directa descendente ou ascendente un valor patrimonial a cargo da herdanza.

  2. lexítima estrita [DER ]

    Parte da lexítima que ten que dividirse con absoluta igualdade entre os herdeiros forzosos.

  3. lexítima longa [DER ]

    Herdanza composta pola lexítima e pola mellora.

  4. suplemento de lexítima [DER ]

    Aquilo que hai que engadir á cantidade deixada polo testador a un herdeiro forzoso para que sexa igual á lexítima que lle corresponde.