lexicalización

lexicalización

lexicalizar

Plural: lexicalizacións
  1. s f [LING ]

    Proceso polo que un grupo sintagmático se converte en elemento lingüístico equivalente a unha soa palabra, segundo a terminoloxía de Charles Bally.

  2. s f [LING ]

    Proceso de transformación dunha interxección ou onomatopea nunha palabra susceptible de funcionar gramaticalmente. Por exemplo, os tictacs do reloxo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].