anamorfose

anamorfose

gr ἀ ναμόρ ϕ ωσις‘transformación’

Plural: anamorfoses
  1. s f

    Debuxo deformado dun obxecto que, visto desde un certo punto de vista ou por reflexión nun espello curvo, aparece regular, sen ningunha deformación.

  2. s f [BOT ]

    Deformación teratolóxica que chega a facer practicamente irrecoñecible un vexetal.

  3. s f [IMAX ]

    Compresión dunha imaxe por medios mecánicos, gráficos ou ópticos.

  4. s f [PINT/LIT ]

    Procedemento que designa a representación dun referente cunha perspectiva deformada.

  5. s f [ZOOL ]

    Segmentación incompleta que presentan as larvas dalgúns mandibulados no momento do nacemento.