lesión

lesión

lat laesĭōne

Plural: lesións
  1. s f [PAT ]

    Alteración dos caracteres anatómicos e histolóxicos dun órgano debida á influencia dunha causa morbosa.

  2. s f [DER ]

    Prexuízo que experimenta unha das partes cando hai unha desigualdade nos seus obxectos ou prestacións.

  3. s f [DER ]

    Delito ou falta cometido por danos corporais producidos sen a intención de matar.

  4. s f [BOT ]

    Alteración patolóxica dun tecido ou dun órgano vexetal.