analoxía

analoxía

lat analogĭa gr ἀ ναλογία ‘proporción, semellanza’

Plural: analoxías
  1. s f

    Relación entre dúas ou máis cousas que teñen algo en común.

  2. s f [ARQUEOL ]

    Semellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente.

  3. s f [BIOL ]

    Semellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas.

  4. s f [DER ]

    Método de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón.

  5. s f [FILOS ]

    Correlación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes.

  6. s f [FÍS ]

    Similitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.

  7. s f [LING ]

    Proceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro xeralmente máis regular.

  8. analoxía etnolóxica [ARQUEOL ]

    Transposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico.

Citas

  • A analoxía destes libros observámola no seu formato