lenzo

lenzo

lat lintĕu

Plural: lenzos
  1. s m
    1. Tea de liño, cánabo ou algodón que se adoitaba tecer manualmente no tear.

    2. Peza de tea deste tecido.

  2. s m
    1. Tea sobre a que se pinta, sobre todo a de liño ou algodón.

    2. Cadro pintado sobre este tipo de tea.

  3. s m [BÉL ]

    Extensión dunha muralla en liña recta, situada entre dous baluartes.

  4. s m pl

    Lados da artesa.