lenca

lenca
Plural: lencas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos lenca.

  2. s [ETN/HIST ]

    Individuo do grupo de pobos lenca.

  3. s m pl [ETN/HIST ]

    Grupo de pobos indíxenas de América Central, que habitan nas rexións central e occidental de Honduras e que se estenden pola costa do Pacífico, desde o golfo de Fonseca, ata o río Lempa, ao NL do Salvador e ao SO de Guatemala.