lema

lema

lat lemma gr λημμα

Plural: lemas
  1. s m

    Principio ou máxima polo que se rexe unha persoa.

  2. s m [LIT ]

    Argumento ou te ma dunha composición que se pon diante desta como título ou introdución.

  3. s m

    Palabra ou palabras que se escribe nas plicas pechadas de oposicións, de certames e concursos para coñecer, despois da decisión do tribunal ou do xurado, a quen pertence cada traballo ou ben cál é o nome dos autores premiados.

  4. s m [LING ]

    Entrada dun dicionario que proporciona diversa información e adoita representar distintas formas flexionadas.

  5. s m [MAT ]

    Proposición preliminar que precede a un teorema e que se utiliza na demostración deste.

  6. s m [FILOS ]

    Proposición preliminar que se introduce nun argumento que se acompaña da súa propia proba.