lebre
lat lepore
-
-
s
Mamífero do xénero Lepus, da familia dos lepóridos, con patas e orellas bastante longas, tendo estas últimas os extremos negros.
-
lebre das xesteiras [Lepus castroviejoi]
Lebre de cor parda amarela cunha zona branca no ventre. Presenta unha franxa clara distintiva na cara, entre os ollos e a parte inferior das meixelas. Atópase unicamente na Península Ibérica.
-
lebre europea [Lepus europaeus]
A maior das lebres presentes na Península Ibérica, que chegou a medir 55,8 cm de corpo e pesar 4,4 Kg. Distribúese pola maior parte de Europa e parte de Asia, con excepción de Escandinavia, norte de Rusia e illas Británicas.
-
lebre ibérica
Lebre de pelaxe parda, con tons amarelos no lombo, e branca no ventre. Posúe unha mancha branca na parte posterior das extremidades. Ten hábitos nocturnos e solitarios, e a súa alimentación consiste basicamente en poáceas. É un endemismo ibérico.
-
s
-
lebre de mar
[ANIMAL ]
Molusco gasterópodo, da familia dos aplísidos, de forma maciza e co dorso moi alto e con dous pregamentos dérmicos do manto que o recobren completamente xunto coa cuncha. Habita sobre rochas cubertas de algas das que se alimenta.
Sinónimos
Refranes
- A lebre que has de matar, costa abaixo hala botar.
- A lebre que se che ha de ir, costa arriba a verás fuxir.
- A lebre vella logo colle a verea.
- A lebre, o que na area gaña, pérdeo na auga.