lazo
lazo
lat tardío lacĕu lat laquĕu ‘nó’
-
s
m
Atadura cun nó corredío que se fai cunha corda ou cunha cinta e que se pode desfacer con facilidade ao tirar dun dos cabos.
-
s
m
Atadura que se fai cunha fita ou cun cordón como adorno para suxeitar unha cousa con outra.
-
s
m
Fita que se utiliza para facer lazadas ou adornos.
-
s
m
Corda cun nó corredío que se utiliza para cazar animais.
-
s
m
Rede ou malla para cazar coellos.
-
s
m
Relación ou nexo entre persoas ou cousas.
-
s
m
[TÉXT ]
Cada unha das cordas representativas dunha pasada que se tecen no aparello de ler os debuxos jacquard para pasalos a debuxos de cartón.
-
s
m
[ARTE ]
Debuxo que nunha lazaría se repite sen solución de continuidade.
Citas
- Aprendeu a botarlle o lazo aos cabalos no curro
- Aprendinlle a facer os lazos do zapatos
- Están unidos por lazos familiares
- Gústalle recoller o pelo con lazos de cores
- Mercou lazos vermellos para adornar a árbore de Nadal