latino -na

latino -na

lat latīnu

Plural: latinos Masculino: latino Masculino plural: latinos Feminino: latina Feminino plural: latinas
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Lacio, a calquera dos pobos que conquistou o Imperio Romano ou aos seus habitantes.

    2. s

      Individuo habitante de Lacio ou de calquera territorio conquistado polo Imperio Romano.

    3. s

      Pobo de orixe indoeuropea que se estableceu na península itálica no II milenio a C.

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á lingua ou á cultura latinas.

    2. Aplícase aos pobos que falan linguas derivadas do latín.

  2. adx [RELIX ]

    Aplícase aos Cristiáns de Occidente en contraposición aos orientais. Fálase da Igrexa latina referíndose á Igrexa Católica e do rito latino se se refire á tradición litúrxica romana.

  3. escritura latina [ESCR ]

    Escritura propia dos pobos latinos que apareceu no s VIII a C, xunto con outros alfabetos itálicos, como unha derivación dun alfabeto grego occidental, e quedou fixada definitivamente cara aos ss II-I a C.