látex
látex
lat latex, -ĭcis ‘licor, substancia líquida’
s
m
[BOT/QUÍM ]
Zume leitoso, habitualmente branco, que flúe das feridas ou incisións feitas nalgunhas plantas, como as euforbiáceas, as apocináceas ou as asclepiadáceas. Emprégase na fabricación de artigos de caucho.