lanterna
lat lanterna
-
s
f
Aparato formado por unha bombilla eléctrica cun reflector luminoso e un interruptor, que produce luz mediante pilas ou acumuladores recargables.
-
s
f
[ARQUIT ]
Construción de planta circular ou poligonal que se erixe como remate dunha cúpula ou torre para iluminar os interiores a través dos vans laterais abertos no seu corpo.
-
lanterna atlántica
[ANIMAL/ICT ]
Peixe óseo, da familia dos mictófidos, que presenta o corpo alongado e comprimido lateralmente, e a maxila inferior un pouco máis saínte que a superior. Ten unha soa aleta dorsal, presenta placas luminosas no pedúnculo da cola e fotóforos espallados baixo a liña lateral.
-
lanterna de Aristóteles
[ZOOL ]
Aparato mastigador dos equinódeos, formado por 5 grandes pezas calcárias, pirámides cun dente cada unha, con forma de punta de frecha apuntando cara á boca, que se dispoñen radialmente e están conectadas entre si por fibras musculares adxacentes.
-
lanterna maderiense
[ANIMAL/ICT ]
Peixe óseo, da familia dos mictófidos, de corpo acastañado, alongado e comprimido lateralmente. Presenta unha soa aleta dorsal e moitos fotóforos de cor dourada por debaixo da liña lateralmente.
-
lanterna maderiense pequena
[ANIMAL/ICT ]
Peixe óseo, da familia dos mictófidos, de corpo negro, alongado e comprimido lateral que presenta unha soa aleta dorsal de cor clara.
-
lanterna máxica
[IMAX ]
Aparato no que se fan aparecer por medio de lentes amplificadas sobre unha superficie branca, figuras pintadas en tiras de vidro e fortemente iluminadas por unha luz situada dentro do aparato.
-
lanterna negra
[ANIMAL/ICT ]
Peixe óseo, da familia dos mictófidos, que presenta o corpo de cor negra, a base da aleta dorsal máis longa ca a da caudal e escamas luminosas por enriba e debaixo da liña lateral.
-
peixe lanterna
[ANIMAL/ICT ]
Peixe óseo, da familia dos mictófidos, de corpo alongado e comprimido lateralmente. A cabeza e os ollos son grandes e ten dúas aletas dorsais, a segunda moi pequena e adiposa. Ten fotóforos por debaixo da liña lateral e é de cor acastañada escura con brillos prateados.