lámpada

lámpada

lat lampăda

Plural: lámpadas
    1. s

      Punto artificial de luz que se produce pola combustión de elementos líquidos, sólidos ou gasosos de carácter inflamable ou mediante procedementos eléctricos.

    2. lámpada de aceite

      Luz constituída por un depósito onde vai un líquido combustible, xeralmente aceite, e unha mecha, sumerxida no líquido cun cabo que sobresae, que unha vez acendido produce unha luz feble.

    3. lámpada de descarga

      Lámpada que presenta no interior da ampola un gas ou un vapor e dous electrodos metálicos, entre os que se produce a descarga eléctrica, unha vez producido o encebamento mediante un dispositivo auxiliar.

    4. lámpada de fenda

      Lámpada concibida para examinar a parte anterior do ollo, a que mostra en sección, mentres o resto queda na escuridade ao ser atravesada por un raio plano de luz intensa.

    5. lámpada de halóxeno

      Lámpada que contén no interior da ampola vapor dun halóxeno, xeralmente iodo, grazas ao que se obtén máis luz, á vez que se prolonga a súa vida.

    6. lámpada de incandescencia/eléctrica

      Aparato constituído por un filamento de tungsteno, situado no baleiro ou nunha atmosfera dun gas noble. Consta dunha ampola de vidro de forma esférica, alongada por un extremo, onde está o casco metálico, que adoita ser de rosca ou de baioneta.

  1. s f

    Soporte no que se poden colocar un ou máis puntos de luz.

  2. s f [TECNOL ]

    Dispositivo eléctrico semellante a unha bombilla que teñen as radios e as televisións no seu mecanismo interno.