lagarto

lagarto

lat* lacartu, por Lacertus

Plural: lagartos
    1. s

      Nome que reciben alguns réptiles da suborde dos saurios, e, en xeral, os da familia dos lacértidos. Adoitan ser de maior tamaño ca as lagartas (tamén da familia dos lacértidos) e de cor verde.

    2. lagarto arnal [Lacerta lepida]

      Lagarto, da familia dos lacértidos, que presentan unha cabeza grosa, cola longa e a súa cor é verde con manchas azuis. Teñen unha dieta variada, adecuada ás condicións do momento, aínda que os invertebrados adoitan ser a súa base.

    3. lagarto das silvas [Lacerta schreiberi]

      Lagarto, da familia dos lacértidos, de tamaño medio e cunha mancha azul na gorxa. O dorso é verde.

  1. s m

    solombo.

Refranes

  • En marzo saca a cabeza o lagarto e en abril acaba de saÍr.