ladrón, ladroa/ladra
ladrón, ladroa/ladra
Plural:
ladras
-
adx
Que se apodera do que non é da súa propiedade. Tm s.
-
adx
Aplícase á persoa que cobra máis do debido. Tm s.
-
s
m
Dispositivo de conexión con tres derivacións que permite conectar ata tres enchufes a unha mesma toma de corrente.
-
s
m
Póla dunha planta que non dá lugar a froitos e, polo tanto, réstalle produtividade á planta.
-
s
m
Corpo que se interpón entre o resorte tipográfico e o papel co fin de impedir parcialmente a estampación.
Formas incorrectas
ladronaRefranes
- Coida o ladrón que todos o son.
- Coida o ladrón que todos son da súa condición.
- Dúas aves rapiñeiras tan malas compañeiras.
- O bo ladrón que entra na casa, primeiro mira a saída cá entrada.
- Paxaro trigueiro, non o quero no meu celeiro.
- Por un ladrón perden cento no mesón.