ladrillo
cast ladrillo
-
s
m
Peza de barro cocido ou secado ao sol, de forma rectangular, empregada na construción.
-
ladrillo agramilado
Ladrillo prensado que ten as caras maiores fundidas para recibir a masa e evitar que as xuntas queden moi abertas. Emprégase nos paramentos de ladrillo visto.
-
ladrillo azul/santo/de ferro
Ladrillo elaborado con arxila rica en cal e óxido férrico, cocido ata a vitrificación que, pola súa dureza, se emprega nas construcións hidráulicas.
-
ladrillo cadrado
baldosa.
-
ladrillo común
Ladrillo elaborado con barro cocido a temperaturas baixas (900-1.100°C).
-
ladrillo de cemento
Ladrillo elaborado por compresión dunha masa a base de area, cemento e cal hidraúlico, que non se somete a cocción.
-
ladrillo de vidro
Ladrillo elaborado con vidro que se emprega na construción de paramentos translúcidos, claraboias e outros elementos que permiten o paso da luz.
-
ladrillo esmaltado/de maiólica
Ladrillo que ten unha das súas caras cubertas con esmalte. Emprégase con fins decorativos ou hidrófugos.
-
ladrillo furado
Ladrillo que ten o seu interior percorrido por canles lonxitudinais.
-
ladrillo hidrófugo
Ladrillo que no seu proceso de elaboración inclúe unha capa vitrificada que o fai impermeable.
-
ladrillo refractario
Ladrillo elaborado con materiais de alto punto de fusión. Emprégase para revestimentos de fornos.