labio

labio

lat labĭu

Plural: labios
  1. s m

    beizo.

  2. s m

    Órgano da fala.

  3. s m

    Bordo dalgunhas cousas que recorda aos labios.

  4. s m

    Cada unha das beiras carnosas da vulva.

  5. s m [ARQUIT ]

    Rebordo da cesta do capitel corintio, sobre o que se apoia o ábaco.

  6. s m [ZOOL ]

    Rebordo da cuncha dalgúns gasterópodos que adoita presentar unha cor distinta do resto e unha superficie lisa.

  7. labio de falla [XEOL ]

    Cada un dos bloques separados nunha falla.

  8. labio leporino [PAT ]

    Defecto conxénito que consiste nunha fendedura no labio, como resultado do crecemento desigual dos dous lados do labio superior.

Sinónimos

Citas

  • Dos seus labios sae todo