amputación

amputación

lat amputatiōne ‘corte, poda’

Plural: amputacións
  1. s f

    Acción e efecto de amputar. Tm fig.

    1. s

      Operación cirúrxica pola que se extrae un membro, unha parte dun membro ou outra parte do corpo.

    2. amputación cinemática cineplástica

      Amputación en que os músculos do toco están colocados de xeito que poidan actuar de motor do aparato ortopédico substituíndo o membro amputado.

  2. amputación conxénita [PAT ]

    Malformación conxénita que consiste na amputación completa ou incompleta dun membro ou dunha parte dun membro pola acción dunha brida ámnica constritora ou dun defecto do desenvolvemento embrionario.

Sinónimos

Confrontaciones

mutilación, omisión, supresión

Citas

  • Na guerra sufriu a amputación dos dous pés e das dúas mans, A censura franquista encargábase da amputación de obras teatrais e literarias