irregular
irregular
lat irregulāre
-
adx
-
Que non se axusta a unha regra establecida.
-
Que non se axusta á norma moral ou legal.
-
[BOT ]
Aplícase aos órganos vexetais asimétricos ou cigomorfos.
-
[MAT ]
Aplícase á figura que non é regular.
-
[DER ]
Aplícase á persoa que incorre en irregularidades.
-
[BÉL ]
Aplícase ao exército que non responde á organización militar oficial e que non está afectado polos acordos de Xenebra respecto aos prisioneiros de guerra.
-
[LING ]
Aplícase a aquilo que, formando parte integrante dun sistema, non se axusta aos patróns que se teñen por regulares ou normais.
-
-
adx
-
Que ten variacións e non é uniforme.
-
Que non ten sempre o mesmo comportamento.
-
Citas
- É unha persoa moi irregular no seu comportamento
- Escribiu un poema de métrica irregular
- O caudal do río é irregular, depende das chuvias
- Sospeitan que están contratados de forma irregular