ironía
ironía
lat ironīa gr ε ἰ ρωνεία
-
s
f
Modo de expresión que consiste en dicir o contrario do que se pensa.
-
s
f
Ton de burla con que se di algo.
-
s
f
[FILOS ]
Procedemento interrogatorio empregado por Sócrates que, finxindo ignorar unha cousa, demostraba que tiña un coñecemento superior ao do seu interlocutor, que presumía de sabelo.
Confrontaciones
retrancaCitas
- A ironía do libro complica a súa lectura
- Díxollo con ironía
Refranes
- A un mal preito, con retranca dáselle xeito.
- Atar os cans con longaínzas.
- Ben se entende o que falo, anque me fago o parvo.
- Bo es, bo es, con tal que tras do lar non "estés".
- Cando chove, é sinal de auga.
- Deus fai, fai; pero non fai fillo sen pai.
- Díxolle o burro ás coles: Pax vobis!
- Ende chegando á aldea, logo se ven as casas.
- Entre dous que ben se queren, con tal de que un coma, abonda.
- Imola andando, que a festa vai boa.
- Non hai mellor sinal de chuvia que vela caer.
- Tan bo é Pedro coma o seu compañeiro.
- Tan bo é Pedro coma Xan e tan bo é Xan coma Pedro.
- ¡Gábate, po/a, que estás ben gorda para que te coman!!
- ¡Gábate, po/a, que puxeches un ovo, e ese gr%!
- ¡Gábate, pola! -Non podo de gorda
- ¡Gábate, pola, que de poñer vés!