ionización
ionización
ionizar
-
s
f
[FÍS/QUÍM ]
Proceso de ruptura dos enlaces electrónicos nos átomos, que produce a formación de parellas de ións de cargas opostas.
-
enerxía de ionización
[FÍS/QUÍM ]
Enerxía necesaria, medida en eV, para que un electrón ligado a un átomo ou a unha molécula poida escapar do sistema ao que pertence.
-
constante de ionización
[FÍS/QUÍM ]
Constante do equilibrio da reacción de ionización dun ácido (K a ) ou dunha base de Brönsted (K b ) no disolvente.