inviolabilidade

inviolabilidade

inviolable

Plural: inviolabilidades
  1. s f

    Calidade de inviolable.

    1. inviolabilidade do domicilio

      Dereito fundamental dos cidadáns, en virtude do que se prohíbe a entrada e o rexistro do domicilio sen o consentimento do seu titular ou de resolución xudicial, agás en caso de delito flagrante.

    2. inviolabilidade parlamentaria

      Protección penal especial da que gozan os membros dunha cámara lexislativa, pola que teñen unha total irresponsabilidade xurídica polos actos e as opinións realizadas no exercicio do seu cargo.

    3. inviolabilidade persoal

      Especial protección penal da que gozan as persoas que ocupan determinados cargos públicos.