inventario

inventario

lat inventarĭu

Plural: inventarios
  1. s m

    Enumeración ou reconto de xeito preciso dos bens ou materiais de que se dispoñen.

  2. s m

    Lista de cousas inventariadas.

  3. s m [DER ]

    Enumeración, normalmente anual, de todos os bens patrimoniais dunha empresa que se rexistra no libro de inventarios e balances.

  4. s m [BOT ]

    Anotación das especies vexetais e de diversos datos de interese xeobotánico dunha estación ou dun lugar determinado.

Citas

  • Fixeron o inventario das mercadorías que quedaban por distribuír
  • Revisa o inventario para repoñer os libros que faltan