íntimo -ma
íntimo -ma
lat intĭmu
-
adx
Que pertence ao máis profundo, reservado e individual dunha persoa.
-
adx
-
Que permanece oculto aos demais porque pertence a un individuo en particular.
-
Que está reservado a un número reducido de persoas coas que se ten un trato de confianza.
-
Que é tranquilo e axeitado para un trato persoal ou un uso privado.
-
-
adx
Que é de moita confianza e moi amigo. Tm s.
-
adx
[ZOOL ]
Que ten os seus elementos moi unidos ou moi relacionados entre si.
-
Aplícase á máis interna das capas dun vaso sanguíneo. Tm s f.
Citas
- A primeira etapa caracterizouse por unha poesía íntima e sinxela
- A vida íntima non lla conta a ninguén
- Colocou o sofá no recanto máis íntimo da sala
- Existe unha íntima conexión entre todos os feitos
- Foi un acto íntimo ao que só asistiron dez persoas
- No íntimo da súa alma sentía un fondo pesar
- Só asistiu un amigo íntimo e a súa dona, Á cea viñeron os máis íntimos